XOGOS ROMANOS NO I.E.S. SAN TOMÉ
“O home só xoga cando é home no máis amplo sentido da palabra, e só é plenamente home cando xoga” (Schiller)
No xogo como actividade exclusivamente humana dámoslle saída a incontables desexos, aspiracións e intuicións propias do individuo, como se dunha liturxia, dun conxuro, se tratase. Somos conscientes de que se trata dunha actividade da vida cotiá sen utilidade ningunha pero cun sentido que quizais revele a esencia íntima dos pobos e e o sentido máis significativo da súa visión do mundo. O propio percorrido semántico das dúas palabras latinas que serven para definir o concepto, LVDVS/LVDI, que se centra máis na acción , e IOCVS, como broma derivada dun xogo de palabras, co triunfo desta última nas linguas romances, falan moito do sentido ritual e plenamente humano primitivos.
Mentres que os romanos adultos acudían como posesos ó anfiteatro, ou ás carreiras do circo, ou a parolar nas termas, os nenos ocupaban o seu ocio, baixo a mirada atenta do pedagogo, nestes xogos que os nosos alumnos de 3º e 4º quixeron imitar e celebrar como festa final dunha carreira de nove meses na que probablemente a Cultura Clásica e o Latín lles serviron para abrir os ollos para unha mirada maís ampla do mundo.

Esta obra está baixo licenza de Creative Commons
Interesante para ver
Juguem com jugaven les nenes i els nens de Tàrraco

Igualmente interesante
Taller de Juegos romanos de Fernando Lillo
ou tamén


NA DEFENSA DAS LINGUAS CLÁSICAS