POLA GALLAECIA ROMANA: o campamento romano de Aquae Querquennae
Porto Quintela (Bande)
O campamento militar de Aquae Querquennae controlaba o río Limia e os seus arredores, e velaba pola seguridade da vía XVIII do Itinerario de Antonino (Vía Nova).
Os inxeñeiros militares romanos elixían un lugar elevado con boas vistas para evitar sorpresas. Preto dun río , neste caso o Limia, e tamén dunha fonte, e mellor que mellor se había augas termais. O acceso debía ser seguro e fácil e non podían faltar prados para os cabalos. Cubertas estas condicións , o xeneral fixaba o lugar do pretorio, desde o que debía ter unha visión e control completos de todo o establecemento.
Voluptas é o pracer , o que gusta, por oposición a dolor, traducindo o grego hedoné, de onde voluptates, os praceres, frecuentemente no sentido erótico. Compracencia nos praceres sensuales (RAE). Delicia, deleite, gozo, gloria, felicidade, gusto, agrado, ledicia, diversión, festa. Francés: volupté; inglés: voluptuosness (sensual pleasure); italiano: voluttuosità; catalán: voluptuositat; alemán: Sinnesfreude (Sinn: sentido+ Freude: ledicia, pracer, gusto).
Solpor en Praia América (Nigrán). Fot. José M.Otero
VOLUPTUOSIDADE
O arroubo e a fragancia da miña vida é a memoria desas horas
nas que descubrín e demorei o pracer tal como me apetecía.
Arroubos e fragancias da miña vida, para min que abominei
dos deleites e amores rutinarios.
My life’s joy and incense: recollection of those hours
when I found and captured pleasure as I wanted it.
My life’s joy and incense: that I refused
all indulgence in routine love affairs.
Á medida que baixamos polo camiño de acceso e nos achegamos ó asentamento temos xa a oportunidade de ter unha visión panorámica do castro. Xa no ó istmo sorpréndenos un foxo escavado na rocha, seguido dunha primeira muralla, o que orixinariamente podería chamarse antecastro. Por medio dun curto tramo de escadas acadamos unha primeira plataforma con vivendas, desde a que, grazas a escaleira máis monumental de toda a Cultura Castrexa, acadamos a segunda plataforma igualmente repleta de vivendas. Se bordeamos os cantís a pé por un estreito carreiro entraremos na terceiraplataforma, máis elevada das zonas do castro, cunha altura que chega ós 25 m. de caída libre sobre o mar.
Aínda que o Padre Sarmiento nos deixa unha primeira referencia literaria, Sebastián González García Paz, José María Luengo Martínez e Francisco Calo Lourido teñen o mérito dunhas excavacións cuidadosamente feitas. Se ben non é posible deducir con certeza unha ocupación habitacional en torno ós século IV e III a. C. sabemos seguro que houbo actividade durante o s. I a. C. e que a súa vida rematou polas fins do s. I d. C.
Habitaron este espazo costeiro os praestamarci, espallados por todo o Barbanza, vivirían da pesca, como indican os cuncheiros, e tamén da gandería, máis que dos traballos agrícolas, e posiblemente do comercio, a xulgar pola gran cantidade de fragmentos de ánforas romanas vinarias. Nunha das últimas campañas, foi atopada unha arracada de ouro, a primeira que apareceu en proceso de escavación en toda a Cultura Castrexa, estando perfectamente datada no cambio de Era.
(Notas tomadas da Guía de castros de Galicia. Ed. Xunta de Galicia.)
Visións de Baroña de José M. Otero está baixo a licenza de Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0
(Terceira parte: Viaxe a Laputa, Balnibarbi, Glubbdubdrib, Luggnagg e Xapón)
O gobernador de Glubbdubdrib era un experto nigromante que tiña o poder de evocar de entre os mortos a quen lle petase e telo á súa disposición durante vintecatro horas, non máis. Tampouco pode repetir cos mesmos espíritos ata esperar tres meses, a non ser que medien circunstancias extraordinarias.
“Quedamos na illa dez días…. a presenza dos espíritos resultoume tan familiar que despois da terceira ou cuarta vez xa non me impresionaban… A súa Alteza o Gobernador mandoume evocar a quenqueira que se me antollara ,sen límite de número, de entre todos os mortos desde o comezo do mundo ata a actualidade e que me respondesen ás preguntas que eu considerase oportuno facerlles…. Vin a Aníbal cruzando os Alpes…. Vin a César e a Pompeio. Soliciteille que o Senado de Roma aparecese diante de min nun ampla cámara, e unha asemblea de diputados actual fronte por fronte noutra. O Senado parecía unha asemblea de heroes e semideuses, a outra un atallo de bufoneiros, carteristas, salteadores de camiños e matóns….”
“Ávido por ver a aqueles homes da antigüidade que máis celebrados foran pola súa intelixencia e sabiduria, dediquei un día a tal propósito. Propuxen que Homero e Aristóteles aparecesen á cabeza de todos os seus comentaristas, pero eran estes tan numerosos que varios centos deles se viron na obriga de comparecer no patio e nas habitacións exteriores do palacio. Recoñecín e distinguín a aqueles dous heroes con só velos, e non só de entre a multitude, senón a un do outro. Homero era o máis alto e o mellor mozo dos dous, camiñaba ben teso para a súa avanzada idade e tiña os ollos máis agudos e penetrantes que nunca vin.”
“Aristóteles ía moi eslombado, apoiándose nun caxato. Tiña o rostro enrugado, o cabelo laso, e a voz apagada. Pronto advertín que ós dous lles eran absolutamente decoñecidos o resto da compañía, ós que nunca antes viran ou oiran citar. E un espírito, que non vou descubrir, díxome ás caladiñas que no outro mundo estes comentaristas residían nos lugares máis afastados dos seus epónimos pola vergoña e a culpa que sentían por ter desfigurado dun xeito tan terrible o sentido daqueles autores para a posterioridade.”
“Presenteille a Didimo e Eustacio a Homero e convencino para que os tratase mellor do que merecían, pois pronto se decatou de que non tiñan nin chisco de enxeño para sondear o espírito dun poeta. Pero Aristóteles tivo menos paciencia co relato que lle fixen de Scotoe Ramos (1) cando llos presentei, e preguntoulles se o resto da tribu eran tan burricáns como eles….”
“Pasei cinco días de leria con outros moitos dos sabios antigos. Vin a maioría dos emperadores romanos. Convencín ó emperador para que convocase os cociñeiros de Heliogábalo e que nos preparasen unha cea, pero a escaseza de materiais impidiu que amosasen as súas habilidades…..”
Resulta inevitable non escoitar as voces de Ulises e Eneas nas súas viaxes polo mundo das sombras á procura dunha resposta para as súas dúbidas existenciais, e detrás deles, as mans de Homero e Virxilio como interpretes dunha sociedade con referentes heroicos, dispostos a dar solucións, a abrir camiños e enchelos de luz. A mesma luz que bota de menos Jonathan Swiftno mundo que a el lle toca vivir. Na comparación dos dous mundos reside a forza da sátira.
1) En tempos modernos moitos autores, principalmente protestantes, comenzaron a menosprezar a filosofía escolástica, e con ela a lóxica aristotélica. Así, v.g., Pedro Ramos (1515-1572), calviniano, atácaa duramente polo menos con palabras, aínda que de feito a siga en moitas cousas. El mesmo é o autor da división lóxica en tres partes: da noción. xuizo e raciocinio, que aínda se mantén.
Leo no caderniño de Babelia(El País do11/07/2009)unha magnífica entrevista que ANTONIO JIMÉNEZ BARCA lle fai a Marc Fumaroli (Marsella, 1932), historiador e académico francés, distinguido co Premio Reino de Redonda. O xurado recoñécelle o seu traballo á hora de tender pontes co pasado. Abomina do moderno polo moderno e do politicamente correcto por definición. O seu polémico libro El Estado cultural (Acantilado) dá fe da súa preocupación polo mundo no que vive.
O autor de libros como Las abejas y las arañas; la querella entre los antiguos y los modernos (traducción de Caridad Martínez, Acantilado, 2008) é un dos intelectuais máis críticos e polémicos coa sociedade cultural e as expresións artísticas contemporáneas. París-New York et retour é o seu último libro.
Desta entrevista entresaco algúns párrafos que me parecen clarividentes e moi ilustrativos para entedender a situación da cultura e, consecuentemente, das humanidades no mundo de hoxe.
Preguntado se está de acordo co críterio que argumentou o xurado para a concesión do premio di:
” Sí que estou de acordo, coa condición de definir “pasado”. Eu non son un pasadista en absoluto. O pasado en canto pasado non me interesa, porque é algo que tende á desaparición. Eu creo, iso sí, na intelixencia do mellor da humanidade, no tesouro cultural acumulado ó longo de séculos. Desde Homero ata Joyce, desde Platón e Aristóteles ata San Agostiño e San Tomé. Esta tradición literaria e filosófica non creou un mundo estable e habitable, pero permítenos mirar no que vivimos con distancia, cunha mirada crítica, non nos deixa pecharnos nas nosas ilusións.”
“Ilusións que acaban nun desengano. Hai toda unha corrente cega que sostén que o mundo moderno se desenvolveu gracias ó egoísmo. Hai que buscar por outros lados, convencernos de que o camiño que tomamos non é o bo. Ese camiño perdémolo coa filosofía anglosaxona do século XVIII, con Locke e Adam Smith, entre outros. No fondo, o mundo de agora é o mundo de todos contra todos, no que desapareceron todos os referentes da verdadeira grandeza, no que a admiración, a emulación ou a educación é imposible. Cada un debe aprender por sí mesmo. Os mozos no teñen nada que lles fose transmitido polas xeneracións precedentes e eles non transmitirán nada ós que virán despois.”
É inevitable, chegados aquí, non lembrar aquel texto de Cesare Pavese en O oficio de vivir: “A cultura debe comezar polo contemporáneo e documental, polo real, para subir -se é o caso- ós clásicos. Error humanista: comezar polos clásicos. Isto acostuma ó irreal, á retórica, e en definitiva ó desprezo cínico da cultura clásica -en tanto que non nos custou nada e non vimos o seu valor (a contemporaneidade no seu tempo).”
Mitos para describir a dor épica diante dunha paixón indomable
Sara, o personaxe que conduce a trama da novela de Lola Beccaría, El arte de perder, estaba convencida de que a sociedade era dun material impenetrable, duro, inabordable. Pero seguramente habería algún home capaz de poñer patas arriba a orde establecida, e na compañía del darlle unha boa batida o destino. Procura arrebatada dun novo sentido para unha vida, liberada de tópicos e do mortal fastío. Aí reside o sentido da felicidade: dar cunha alma irmán que comparta o labor titánico de desanoar todo tipo de ataduras, especialmente aquelas que vitalmente empobrecen e murchan. O que non nos libra de ir a por lá e retornar tosquiados.
Unha visión moderna da lenda de Tristán e Isolda: un halo de fatalidade envolve a relación enfeitizada de Sara e Enzo. “Enzo era un rufián arrogante que disfrutaba frustrando a quienes amaba. Sara no era menos insolente en su forma de amar… Y si Sara no cejaba en el empeño de desclavarlo de su cruz era solo porque consideraba que Enzo no era un cabrón, sino un deshauciado emocional que, precisamente por serlo, se merecía la oportunidad de la resurrección.”
Lola Beccaría, El arte de perder. pág. 290. Planeta 2009.
Enzo para Sara era un inferno. Na porta dese inferno ela deixara a súa pel tentando baixar ata el, para amalo absolutamente e sentirse amada sin condicións. Non era posible. E ese era o propio inferno de Sara.
“El suplicio de Sara era de la misma materia que el de los héroes castigados por los dioses. Una y otra vez Sísifo subía una piedra por el monte, piedra que al llegar arriba volvía a caer rodando, para volver a ser empujada por Sísifo hacia arriba, en un bucle sin fin.”
“Una y otra vez el inmortal Prometeo, encadenado, sufría el picotazo que le arrancaba el higado, para volver a crecerle el órgano en el vientre, para volver a serle devorado por el águila en un círculo infinito.”
“Una y otra vez el hambriento Tántalo era tentado por la fresca y escurridiza agua del estanque, por las jugosas frutas del árbol inalcanzable” . Páx.293
A medio camiño da rasante érguense dúas columnas honoríficas, o “Padrão dos Povos”, con inscripcións por descifrar na súa totalidade, descubertas preto da ponte no século XVIII e que no 1880 foron adosadas, tal como se contemplan hoxe, á ponte, como elementos decorativos.
A ponte ten de longo 140 m. de rasante horizontal sobre un multiple abovedado de 16 arcos de medio punto (conservados na actualidade). A fábrica é de sillería de granito almofadada.
As luces dos arcos, relativamente modestas, están a redor de 6,25 metros e o ancho 6,10 metros. As pilas, de non moita altura, teñen tallamares, probablemente non orixinais.