
Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage
Ovidio é moi dado a elevar a categoría literaria moitos episodios da súa vida cotiá e da vida dos romanos na época de Augusto. É ben coñecido que el nunca viu con bos ollos a política de Augusto, cego este para entender o movemento social de modernización que anegaba á sociedade romana do momento. Un mundo galante, urbano e cosmopolita, aberto a mil modas no que as mulleres liberadas animaban a xogos amorosos, o escenario idóneo sobre o que nace a Ars Amatoria. Ben é sabido tamén que Ovidio, magister amoris, debeu ser víctima de rumores e da mala sona que enfadaron a Augusto por lle afectar á imaxe aloucada e pouco edificante da súa filla Xulia. A situación fóiselle das mans ó poeta de tal xeito que deu cos seus ósos nun desterro pouco digno.
Inspírase Ovidio para a elaboración minuciosa e barroca da imaxe da Fama en Virxilio, Eneida IV, 174 e ss.:
Fama, malum qua non aliud velocius ullum; /…../Monstrum horrendum, ingens, cui quot sunt corpore plumae/Tot vigiles oculi subter, mirabile dictu,/ Tot linguae, totidem ora sonant, tot subrigit aures./Nocte volat caeli medio terraeque…..;
[a Fama, mal veloz como ningún,...... Monstro horrible, xigante, que ten tantas plumas no seu corpo, como ollos vixiantes baixo cada unha, maravilloso de contar, tantas linguas parlantes, outras tantas bocas que non paran de falar, outros tantos oídos que atenden. De noite voa por medio do ceo e da terra... ]
Esta descripción virxiliana ten evidentes débedas coa que Homero fai de Eris, a divindade da Discordia, en Il. IV, 440 cuxo trazo esencial recolle Calímaco para aplicar a Deméter no seu Himno a Deméter.
A Fama é personificada baixo o nome de ‘´Οσσα (a Voz) en Homero, Od. XXIV, 413 e de Φήμη (Rumor público, reputación) en Hesíodo.
A fama é o que se di ou o que se fala ( for, fa-tus, falar) de alguén, a boa ou mala reputación; en plural, «rumores que corren». O sentido inicialmente indiferente de fama tende hacia un valor laudativo, algo así como estima, o que ven a explicar o doble sentido de famosus, «o que que dá que falar», empregado desde un principio co valor de «o que ten mala sona» «infame», e o que na época imperial toma o sentido laudativo «célebre», «famoso»

Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage
Orbe locus medio est inter terrasque fretumque
caelestesque plagas, triplicis confinia mundi;
unde quod est usquam, quamvis regionibus absit,
inspicitur, penetratque cavas vox omnis ad aures:
Fama tenet summaque domum sibi legit in arce,
innumerosque aditus ac mille foramina tectis
addidit et nullis inclusit limina portis; ….
Continúa lendo o texto latino … OVIDIOFAMA