O QUE OVIDIO NOS CONTA DAS BOAS PALABRAS, DOS DOCES E DOS BOS AGOIROS.
Como un conto de Nadal e Aninovo en FASTOS, I, 170 e ss.
Annum novum faustum felicem vobis!

E digo eu ¿por que, Xano, aínda que calme os manes dos outros,
che ofrezo primeiro a ti incenso e viño?
“Para que poidas, grazas a min, que gardo as entradas,
ter acceso a todos os deuses que queiras”, responde.
“E ¿por que se fan cumpridos nas túas kalendas
e expresamos e escoitamos bos desexos?”

Entón o deus, apoiado no caxato, que levaba na dereita,
dime: “Os bos agoiros agóchanse nos inicios.
Con oídos agoirentos escoitades a primeira palabra
e interpreta favorable o augur a primeira ave que ve.
O ceo e os deuses escoitan propicios.
Ninguén expresa desexos vans, e o dito vale”.
Desaparecera Xano e non pasei moito tempo calado;
pisei coas miñas palabras as últimas súas,
e pregunteille: “¿qué significa o dátil e o figo paso,
e o mel brillante que flúe no branco panal?”.

Dime: “é polo agoiro: que aquel sabor acompañe
a nosa labor e o ano adoce o camiño comezado”.
Vexo por que se ofrecen doces: explícame o sentido
do aguinaldo para que nada se me perda da túa festa”.

Riu e dixo: ” ¡canto te engana o teu tempo a ti
que pensas que o mel é máis doce que o aguinaldo recibido!
Eu non coñecín a ninguén nos tempos de Saturno
que para el as súas riquezas non fosen doces.”
(Traducción de José M. Otero)
Texto latino
O magnum mysterium,
et admirabile sacramentum,
ut animalia viderent Dominum natum,
jacentem in praesepio!
Beata Virgo, cujus viscera
meruerunt portare
Dominum Christum.
Alleluia.
One Response to “O QUE OVIDIO NOS CONTA DAS BOAS PALABRAS, DOS DOCES E DOS BOS AGOIROS.”
Deixa unha resposta