RITO E MITO DO ENTROIDO

 

lupercalia-e-ouros-entroidos2

As manifestacións do Entroido que ata hoxe coñecemos manteñen rituais e celebracións que nos remiten a formas e moldes moi antigos. Uns xiran arredor de preocupacións sociais (Saturnais: liberdade de escravos, regalos, banquetes),  e outros arredor do que sería a base da economía pastoril: purificación e fecundidade, tanto de mulleres como do gando, e, consecuentemente, de preservación do gando dos animais silvestres hostís (Lupercalia).

Na terceira aurora que seguía ós idus (13) de febreiro (tendo en conta a contabilidade inclusiva, o 15 de febreiro) na cova Lupercal, no outeiro do Palatino, comezaba a festa co sacrificio dun cabrón e un can, ofrecíanse tamén tortas de fariña feitas polas Vestais con trigo da última colleita.

Seguía a esta cerimonia un ritual que relata Plutarco: “Dous mozos patricios son conducidos ó lugar do sacrificio. Uns mánchanlle a fronte de sangue co  coitelo do sacrificio, mentres outros llo limpan con la mollada en leite, inmediatamente os mozos rompen a rir. Cumprida esta cerimonia, despois de facer tiras coa pel do cabrón sagrado, os lupercos corren espidos, cubrindo minimamente a cintura e azoutando a todo aquel que atopan no seu paso. As mozas non deben escapar ós seus azoutes xa que era crenza que son eles os que propiciarán a concepción e axudarán na hora do parto….”    PARA SEGUIR LENDO: LUPERCALIA

PELIQUEIROSlaza

LECTURA COMPLEMENTARIA: NORBERT ROULAND. Laureles de ceniza.

Ed. Edhasa 1990. Páx: 41-43.

PARA LER PICA AQUÍ

Laureles de ceniza

Deixa unha resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.