MAIO EFÉMERO

VERSOS PARA DIAS DUN

 MAIO EFÉMERO

“Baño, viño e Venus desgastan o corpo, pero son a verdadeira vida”.  Proverbio latino

Que non se che ocurra averiguar, sabelo é ilícito, que final/
a ti, Leucónoe, e a min os deuses nos teñen reservado, nin  ouses/
consultar os números babilonios. Mellor será facer fronte ó que veña!/
Xa nos regale Iúpiter moitos invernos, xa sexa este o último/
que o mar Tirreno agora creba contras as rochas nas que  bate,/
ten xuízo, filtra o viño e  axusta a un tempo corto/
unha longa esperanza. Mentres falamos, o tempo cruel/
voa: machúcate de gusto, non esperes a mañá.

Horacio, Odas, I, 16

Que cousa mellor podo facer no día
da festa de Neptuno? Saca dilixente
o Cécubo  de reserva, Lide,
e ataca a fortaleza da túa cordura.
Ves que o sol de mediodía declina e, como se o tempo que voa se detivese,
ti dubidas se traer da bodega
a ánfora da colleita do ano do cónsul Bíbulo?
Eu cantarei primeiro
a Neptuno e os verdes cabelos das Nereidas,
ti, despois, seguirás coa curvada lira o canto
a Latona e as frechas veloces de Cintia;
cunha última canción será honrada
a que protexe as luminosas Cícladas e visita
Pafos sobre os seus axugados cisnes;
a Noite seráo tamén  cunha merecida serenata.

HoracioOdas, III, 28

Trad. José M. Otero

Deixa unha resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.