PERFIDIA

Nas Odas o pensamento de Horacio, a súa melancolía, o seu sentido epicúreo da vida, a súa incredulidade e desconfianza, a renuncia ás grandes ambicións son obxecto da súa contemplación artística; os principios da aurea mediocritas, de se contentar con pouco, de reter o momento que foxe, de esperar sempre a morte transfórmanse en efusións dunha experiencia interior.

Os grandes temas da lírica horaciana son o amor, a amizade, os himnos, os banquetes, a natureza, as reflexións filosóficas (o tempo, a morte, o destino do home e a súa posición no mundo, a sabiduría)  vitais e políticas.

Mensaxe típica horaciana: o amor, a ocupación do ocio, é unha ocupación efémera, que se esvae como o fume, indigna de confianza, aínda que por iso mesmo pode ser dolorosa. 

Que delicado efebo  perfumado con esencia

de pétalos de rosa te abraza,  Pirra,

no recanto íntimo do xardín?

Para quen meneas natural e coqueta

a túa rubia melena?  Cantas veces chorará

a túa perfidia e a súa mala fortuna

e contemplará con asombro por primeira vez

o mar encrespado polos negros ventos

o que agora confiado goza da túa dourada beleza,

o que sempre te espera atenta, sempre tenra

e non  sabe da veleidade do vento!

Pobres aqueles ós que cega o teu encanto,

e non intimaron contigo! Eu ben o sei,

as miñas ofrendas de agradecemento dan fe

de que xa dediquei a miña roupa de náufrago

ó poderoso deus do mar.

HORACIO, Odas, I, 5

Trad. José M. Otero

 

Deixa unha resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.