LEUCONOÉ, AMOR, GOZEMOS.

Leuconoé probablemente sexa un nome suposto, se nos deixamos levar polo seu sentido etimolóxico, λευκòν νοῦν, espírito cándido, simple, débil, persoa fráxil. A superstición oriental, a astroloxía estaban de moda en Roma, especialmente entre as mulleres. (Ver L.F. ALFRED MAURY, La magie et l’astrologie dans l’antiquité et au moyen age. Cap.IV, páx. 70-85)

Que non se che ocurra averiguar, está castigado,/
que final a ti, Leuconoé, e a min  nos teñen os deuses reservado, nin  ouses/
consultar os astrólogos babilonios. Mellor será facer fronte ó que veña,/
xa nos regale Xúpiter moitos invernos, xa sexa este o último/
que bate o mar Tirreno contra os rochedos./
Ten xuízo, filtra o viño e conxuga  un camiño curto/
cunha longa esperanza. Mentres falamos a hora cruel/
voa, goza agora cada minuto, non confíes en  mañá.

Horacio Oda I, 11

Trad. José M. Otero

Deixa unha resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.