O REBUMBIO DO CARNAVAL

Desde os lupercos ós peliqueiros,

cigarróns, felos, borralleiros,

troteiros e outros Entroidos

 

As manifestacións do Entroido que ata hoxe coñecemos manteñen rituais e celebracións que nos remiten a formas e moldes moi antigos (Festas dionisíacas, Saturnais, máis tarde xa na Idade Media as Festa do Asno e a Festa dos Loucos), aínda que as transformacións relixiosas, sociais e políticas e mesmo estéticas so permitan entrever só pegadas case borradas. Uns rituais xiran arredor de preocupacións sociais  (Saturnais: liberdade de escravos, regalos, banquetes),  e outros arredor do que sería a base da economía pastoril: purificación e fecundidade, tanto de mulleres como do gando, e consecuentemente de preservación do gando dos animais silvestres hostís (Lupercalia).

Na terceira aurora que seguía ós idus (13) de febreiro (tendo en conta a contabilidade inclusiva, o 15 de febreiro) na cova Lupercal, no outeiro do Palatino, comezaba a festa co sacrificio dun cabrón e un can , ofrecíanse tamén tortas de fariña feitas polas Vestais con trigo da última colleita.

Seguía a esta cerimonia un ritual que relata Plutarco: “ Dous mozos patricios son conducidos ó lugar do sacrificio. Uns mánchanlle a fronte de sangue co  coitelo do sacrificio, mentres outos llo limpan con la mollada en leite, inmediatamente os mozos rompen a rir. Cumprida esta cerimonia, despois de facer tiras coa pel do cabrón sagrado, os lupercos corren espidos, cubrindo minimamente a cintura e azoutando a todo aquel que atopan no seu paso. As mozas non deben escapar ós seus azoutes xa que era crenza que son eles os que propiciarán a concepción e axudarán na hora do parto. PARA SEGUIR LENDO: LUPERCALIA

José M. Otero

Peliqueiros en Laza (Ourense) Fot. Ana Mª Martínez

LECTURA COMPLEMENTARIA: NORBERT ROULAND

Laureles de ceniza. Ed. Edhasa 1990. Páx: 41-43.

PARA LER PICA AQUÍ Laureles de ceniza

Os comentarios están pechados.