(Adaptación de Horacio, Odas, 1, 4)
Spring is here
| O OLMO DOS FALSOS SOÑOS | No medio un olmo sombrío onde aniñan os soños vans agochados debaixo de cada folla: os Centauros, Escila e Caribdis, o xigante de cen brazos, a Hidra que brama, a Quimera, Gorgona e as Harpías. ENEIDA, VI, v.290 ss. |
|
O ALENTO DE VENUS E A PRIMAVERA GALANA
Pracer de homes e deuses, vivificadora Venus: debaixo da bóveda do ceo multiplicas
os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti todo animal é concibido.
Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche suaves flores a terra, as chairas do mar
contigo rin, e brilla con luz intensa o claro ceo.
Na hora que a galana primavera descobre a súa face
e o Favonio desatado robustece o seu fecundo alento,
as lixeiras aves cantan a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches
os seus peitos: polos alegres prados gozan os gandos acesos, prendidos do feitizo
das túas grazas morren todos os seres por seguirte a onde queres conducilos, deusa.
Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves, no medio dos ríos desbordados
e dos campos que verdecen, enchendo os seus peitos de brando amor,
fas que as especies se propaguen.
Soberana da natureza, non hai sen ti contento nin beleza.
LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.
O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.
Xa Venus Citerea rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas
baten a terra con pé rítmico. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.
A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A
teima da vida breve néganos toda esperanza.
(Adaptación de Horacio, Odas, 1, 4)
Spring is here CANDO VIGO ERA VICUS TORALLA: UNHA VILLA ROMANA NA GALLAECIA
MUSEALIZACIÓN DO XACIMENTO DE O CASTRO O sal na elaboración do GARUM O garum, un dos ingredientes máis apreciados da cociña descrita por Apicio, que aparece practicamente na totalidade das súas receitas, consistía nun prebe de peixe procedente da Bética -o de mellor calidade-, que sería hoxe algo máis que forte, se non abertamente repugnante: preparábase utilizando unha xerra alongada, cun depósito máis estreito ao fondo para condensar a pasta, que se deposita nunha alfombra de herbas olorosas: eneldo (anethum graveolen), cilantro (coriandrum sativum), fionllo (foeniculum vulgare), apio (levisticum officinale), ajedrea (satureja montana), menta, ruda (ruta graveolens), poleo (mentha pulegium ), tomiño, ourego, betónica (betonica oficinalis) e arjemone (cardo?). Sobre el, un leito de peixe graso: anguías, sáibaos (prochilodus lineatus ), rinchas ou sardiñas. Encima, sal en dous dedos de espesor, e continúase o proceso no mesmo orde ata pechar a boca. Tras sete días de espera en honra dos sete planetas que rexen o universo, remóvese esta pasta durante vinte días e fíltrase. O líquido que flúe chámase liquamen ou garum virxe da sociedade, e é o produto de mellor calidade, cotizado extraordinariamente, ata o punto de que unha ánfora de aproximadamente seis litros e medio pagábase ao disparatado prezo de seis mil sextercios (o salario medio dun romano andaba a redor de 700 e 2.000 sextercios) : hoxe en día ten a súa versión (máis actual) no nuoc-mân vietnamita. O FORO: ESPAZO URBANO PARA AS ACTIVIDADES CÍVICAS ![]() O Foro Romano no ano 179 a. C. Reconstrución de Robert Garbisch A civilización romana, igual que a grega, fundaméntase na sociedade urbana. Todo aquel romano que desempeñaba un papel importante na política ou na administración do estado residía en Roma. Os homes só se senten eles mesmos na cidade e non só polas rúas atestadas de xente anónima senón polas comodidades materiais, baños públicos, polos edificios públicos que espertan a admiración de residentes e visitantes. Preguntábase Pausanias se se lle podía chamar cidade a un lugar que non ten edificios públicos, nin ximnasio, nin teatro, nin praza, nin traída de auga, nin casas dignas onde vivir. O romano só se sente de verdade na casa se está na cidade: na cidade atópase como nun fogar colectivo. O romano libre é principalmente un cidadán. Segundo este ideal, a soberanía pertence ao conxunto de cidadáns (“cives”) que forman a “civitas”. A profesión de cidadán exércese: lexislando, elixindo e xulgando O Foro será o espazo da cidade concibido para dar resposta a natureza do poder político que emana deste ideal de soberanía. En Atenas a ágora, o mercado, era o centro político e xudicial da cidade: edificios públicos e tribunais, tendas e postos de comerciantes, a fonte onde as mulleres acudían cada mañá a por auga, a facer a colada, a palicar. Nos soportais ou estoas, pechábanse os tratos, reuníanse os amigos e expoñían as súas ideas os filósofos. A relixión da colectividade cívica celébrase nas prazas, diante dos templos, baixo a autoridade dos maxistrados e sacerdotes públicos. En Roma ningunha actividade estaba á marxe da relixión. O foro romano, inspirado na ágora, era o centro de todas as actividades cívicas:
Curia: para reunión do Senado Comitium: espazo entre a Curia e o arco de Septimio Severo onde tiñan lugar as reunións para a elección de maxistrados Rostra: tribuna de oradores Arcos triunfais: Tito, Septimio Severo.
Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio
Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio
Templos: Xúpiter Capitolino, Saturno, Concordia, Dióscuros, Antonino e Faustina, Divino Iulio, Vesta, Divino Rómulo, Venus e Roma; en Foros Imperiais: Venus, Marte Vingador
Basílicas: reunións públicas: Iulia, Emilia, Maxencio Panorámica do Foro Romano. Fot. Google
Para entender o sentido do FORO na visión do mundo dos romanos debes completar o CUESTIONARIO que ten como referencia o vídeo que explicamos na clase: ROMA: ESPAZOS URBANOS PARA A VIDA CÍVICA.
A FELICIDADE TEN FIN AS CINZAS DO DEUS MOMO (FARO DE VIGO) Gran pesar me pone con su venida la Cuaresma dolorida. Cancionero de Juan del Encina
“O tempo de Entroido está cheo non só de intencións sociais, senón tamen psicolóxicas. O feito fundamental de se enmascarar permitiu ó ser humano, home ou muller, mudar de carácter durante uns días ou unhas horas, ás veces tamém mesmo mudar de sexo. Inversións de todas as clases, “introxeccións”, proxeccións e outros feitos turbios dos que falan hoxe os psicólogos e os psicoanalistas, poderían ser ilustrados á luz das licencias do Entroido….. A cura psíquica e social que supón o Entroido é moito máis pracenteira que a cura coresmal co mal trato do corpo” Julio Caro Baroja. El Carnaval. O MECO como REI DE SATURNAIS En Italia, España e Francia, países onde foi máis fonda e duradeira a influencia de Roma, un relevante personaxe de Entroido é unha efixie burlesca que personifica a estación festiva e que despois dunha breve carreira de disipación e gloria, é publicamente fusilada, queimada ou destruída de calquera outro modo con tristeza finxida ou a xenuína ledicia da xente. ![]() Queima do meco en Vigo Cigarróns e pantallas en Verín e Xinzo (Picar AQUÍ para máis información) ![]() Cigarrón en Verín. Fot. Eduardo Cabido O sábado a xente da Limia paseou o MECO polas rúas e deixarono pendurado na praza, esperando a queima final. As máscaras tradicionais «o touro», «o gordo» y «o capuchón» fixéronse donas do escenario do Entroido. Onte , Domingo Corredoiro, as pantallas anunciaron que xa é a hora de vivir o Entroido como festa da liberdade, o punto álxido do caos previo ó cosmos que predica a Coresma (<quadragessima dies) ![]() Pantallas en Xinzo. Fot. LA REGIÓN XOVES DE COMPADRES: A LOITA DE SEXOS
“O sacerdote de Baco dera a orde de que se celebrase unha festa, que as escravas e as señoras, libres das súas tarefas, se cubriran os peitos con peles de animais, que soltasen as fitas das cabeleiras, que cubrisen de grilandas as cabezas e empuñasen tirsos de hedras e follas de parra…. Obedecen nais e esposas, gardan as teas, os cestiños, os labores sen rematar, ofrendan incenso invocando a Baco, e chámanlle Bromio, Lieo, fillo do lume, nacido dúas veces e de dúas nais, Niseo, Tioneo, Leneo, coidador da viña que trae ledicia…. Por onde queira que vaias hai un balbordo xuvenil e retumban as voces das mulleres, os tambores golpeados coas mans, os cóncavos bronces, as frautas de buxo furadas ó longo do tubo.” Ovidio, Metamorfosis IV, 4-30 ![]() Xoves de compadres en Ourense. Fot. LA REGIÓN Nesta festa os nenos teñen que lle quitar ás nenas os seus monecos ou compadres. O « xoves de compadres», representa o cambio de roles e a ruptura de normas que se producen no Entroido, xa que, por un día as nenas teñen o mando e os nenos teñen que llelo arrebatar. As carreiras fanse na Praza Maior cos «compadres» elaborados polas nenas nos seus colexios os ú ltimos días . No «xoves de compadres», en Verín , os participantes percorrerán pola noite varias rúas da vila para chegar á Praza Maior acompañados por un carro que transporta o «meco» (moneco de teas vellas) que será queimado ó chegar á praza.
![]() Monecos compadres na Praza Maior de Ourense. Fot. LA REGIÓN
Todos estes rituais teñen a súa orixe nos cíclos de traballo no campo e así insértanse no ciclo festivo do Entroido que tamén representa a fin do inverno e a proximidade da primavera. DOMINGO OLEIRO Un ritual tradicional do Entroido no que os participantes lanzan ó aire oliñas de barro que deben recoller os seus opoñentes sen que caian ó chan, salvo pena para aquel que se lle rompa de ter que pagar unha rolda de viños.
La imparable ‘ola’ del Entroido: LA REGIÓN (Picar para ampliar información) Xinzo disfruta, pese al aguacero, con uno de los ‘oleiros’ más concurridos de los últimos años ![]() Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. LA REGIÓN
Domingo OLEIRO en XINZO e FARELEIRO en Eiroás. FARO DE VIGO (Picar para máis información) ![]() Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. Faro de Vigo La carrera hacia el entroido coge velocidad en el triángulo mágico: LA VOZ DE GALICIA (Para máis información picar aquí) ![]() Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. LA Voz de Galicia A GRAN ILUSIÓN DO CARNAVAL A felicidade do pobre parece Tristeza não tem fim Felicidade sim ANTONIO CARLOS JOBIM
ORFEO NEGRO
UNHA VISIÓN DO MITO DE ORFEO Orfeo negro (1959) é unha película do director de cine francés Marcel Camus. De coproducción brasileña, francesa e italiana, foi rodada en Río de Janeiro e contribuiu a converter en mundialmente famosa a música popular brasileira. Nas vésperas do Carnaval chega a Río de Janeiro Eurídice. Nas favelas será acollida por unha prima. As rúas son un frenesí de samba. Orfeo, conduce o tranvía que achega a Eurídice ata o seu destino. Pero Orfeo, non só conduce tranvías, é un heroe popular moi recoñecido polo poderío sedutor da súa música; crea beleza e arte e non lle pasa desapercibida a fermosura de Eurídice. A relación estreita que se establece entre os dous verase afectada polas sospeitas dunha noiva celosa. O remuíño pasional do carnaval envolveraos ata rematar nun final tráxico. Orfeo que ten poder de seducir a natureza enteira non consegue realizar o seu amor. DOMINGO FARELEIRO
DOMINGO FARELEIRO EN XINZO. Fot. Google
“Media tonelada de harina abrirá este domingo (24 DE XANEIRO) el Entroido durante el ‘Fareleiro’. La organización de los actos del primero de los domingos previos a las fiestas grandes del carnaval de Xinzo, el ‘Fareleiro’, ya prevé el reparto de más de media tonelada de producto desde primera hora de la tarde en la Praza Maior.” (La Región) Segundo Vicente Risco o tempo de Entroido dura dúas semanas e media, Septuaxésima, Sexaxésima e tres ou catro días da de Quincuaxésima. Os días sinalados do Entroido son: Domingo Fareleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido ou Gordo, Luns e Martes de Entroido e Mércores de Cinza. A denominación de “fareleiro” deriva dos farelos que se empregan nas bromas deste día. Os mozos collen sacos cheos de fariña para botarllos ás mozas e mulleres, especialmente contra aquelas que vaian ben vestidas. As mozas acéndense neste enfrontamento e loita de sexos. Moitas veces os farelos espállanse con foles de xofrar, ou lévanse nunha saqueta de trama frouxa pendurada dun pau. As veces en vez de farelos levan borralla. Outra das bromas do domingo fareleiro era chisnar na cara con borra de potes, betún, carbón, tinta, ou os “burros” de carácter máis urbano. (Julio Caro Baroja. El Carnaval) Practicas rituais do Entroido: 1. Lanzar farelos e fariña; 2. Queimar estopa; 3. Correr galos; 4. Mantear cans e gatos; 5. Pendurar no rabo destes animais vexigas, latas; 6. Lanzar auga con xiringas; 7. Lanzar ovos, laranxas; 8. Pendurar e mantear monecos; 9. Azoutar con peles e vexigas; 10. Facer ruídos con artefactos; 11. Quebrar olas. En opinión de Caro Baroja este ritual podería relacionarse co que se facía nas cerimonias nupciais co propósito de favorecer a fecundidade da recén casada. De todos os xeitos non cabería descartar o salvado, o mesmo que a cinza e a borralla , como elementos primordiais da mascarada, ou fórmulas da igualación que se buscaba nos rituais do Entroido e, ó mesmo tempo, símbolos do ano que remata. OS TEMPOS DO ENTROIDO Tras a Idade de Ouro Nos primeiros tempos os Inmortais, que habitan as mansións olímpicas crearon unha dourada estirpe de homes mortais. Existiron aqueles na época de Cronos, cando reinaba no ceo. Vivían como deuses, co corazón libre de preocupacións, sen fatigas nin miserias; non caía sobre eles a desprezable vellez, senón que sempre con igual vitalidade nas pernas e nos brazos, andaban sempre de festa, alleos a calquera mal. Morrían como se se sumisen nun soño profundo, gozaban de toda clase de ledicias; o campo fértil daba espontaneamente ricos e abundantes froitos. Eles, contentos e tranquilos alternaban a súas faenas con praceres variados. Eran ricos en rabaños e entrañables para os deuses benaventurados. Hesíodo, Os Traballos e os Días,v.v. 109-126 Desde tempo inmemorial, todos os pobos que ocupan o espazo xeográfico do que poderiamos considerar Europa cristiá, entre Nadal e Coresma, repetían os mesmos ritos e festas, xa fixas xa móbiles. Son moitos séculos durante os cales o Entroido , a través dos mesmos mecanismos e artificios que se deron na elaboración dos mitos e lendas, se vai convertendo nunha armazón ritual coherente que dá sentido ás vivencias pasionais de homes e mulleres do espazo cultural europeo e cristián. Non resulta estraño, polo tanto, que se poidan detectar ecos e sombras de ritos das saturnais romanas, das dioníasiacas, das lupercais. Os pobos viven cada tempo do ano con intensidades distintas, nuns momentos imponse a ledicia e os excesos, mesmo o desenfreo, e noutros a tristeza, derivada dese caos vital. Non é o mesmo vivir o Nadal, que o tempo de outono, non é o mesmo vivir a Coresma que o agromar da natureza na primavera. Quen vive inmerso na natureza e depende dela, sente emocións de diversa intensidade. Tanto no mundo urbano como no rural a esencia das celebracións foi sempre coincidente, o mesmo que o simbolismo e as moralidades que se podían extraer das licencias. Nas cidades celebrábanse con máis pompa, con máis elegancia, se se quere, o que no mundo rural resultaba ser máis vital, máis dramático, por esa atadura íntima e secular que o home do campo sente coa natureza e os seus ritmos. A vida de cada grupo social desenvólvese no seu ámbito. Máis cómplice coa natureza no mundo rural; máis afastada desta no urbano. Sen embargo nos dous mundos téntaselle dar transcendencia ós xogos e diversións, ás festas que sinalan desde a nenez a distintas fases da vida. O ano é u espazo temporal que padece e no que se padece, no que experimentamos vivencias varias que se repiten de maneira inexorable. Internarse no Entroido é procurar a conciencia colectiva de moitos séculos nos que se repiten ano tras ano os mesmos costumes, na Galiza, na Alemaña, Italia. ![]() Calendario de actividades agrícolas
É unha forma de procurar o equilibrio social fixando períodos de aparente desequilibrio, nos que a sociedade se despraza sen límite a un extremo, para rematar despois no extremo contrario. De todos os xeitos sempre se é menos estrito á hora de observar os rigores coresmais que as entroidadas. O Entroido ven chegando lento desde as Saturnais do Nadal, pero ven chegando, para comezar a tomar pulo primeiro polo San Antón e máis tarde a partir do Domingo Fareleiro. ![]() Calendario romano e festas de Entroido. El carnaval. Julio Caro Baroja
|