Either scripts and active content are not permitted to run or Adobe Flash Player version 10.0.0 or greater is not installed.
Visit Arqueologia, Historia Antigua y Medieval - Terrae Antiqvae
APOLO E DAFNE
Metamorfosis, I, 452-567
Esgotadas as forzas esvaeceu ela, extenuada polo esforzo
da veloz carreira, e mirando as augas do Peneo di:
“¡Axúdame, pai!, se os ríos tedes poder divino,
transfórmame, mundando a figura coa que tanto gustei”.
A penas rematada a súplica, un grave torpor invade os seus membros,
unha tenue cortiza envolve o seu feble corpo,
os cabelos crecen en fronde, os brazos en pólas;
os pés ata hai ben pouco veloces fíxanse con firmes raíces,
a cabeza ten copa: o único que mantén é a beleza…