AFOGANDO AS PENAS EN VIÑO
Adde merum vinoque novos compesce dolores [Sirve un bo viño, afoga en viño as penas recentes] Tib. I, 2

Acúdeme, lúcido Baco, ( xa teñas sempre
a vide do delirio, xa leves as sens cinguidas de hedra).
Libérame da miña dor ti mesmo cunha copa chea de vida:
A cada paso o amor claudica vencido polo viño.
Amable criatura, reborden de viño xeneroso as copas
e sírvenos Falernos con man espléndida.
Ide lonxe, penosa estirpe de coitas, ídevos amarguras:
que brille, montado nos seus cabalos brancos, o sol Apolo.
…….
Nada me preocupas xa, Neera (1),
que sexas feliz, e luminoso o teu destino.
…………..
Chega, despois de moitos días, a calma.
(1) ¿Neera= a poetisa Sulpicia? En todo caso, a muller do enigmático Lígdamo, posible autor do poema. Exemplificación do tipo de muller de familia noble: provocativa, amante das riquezas, fermosa e desleal, que pretende dominar o mundo cos seus encantos, pero que a fin só consegue a fama grazas ós versos do poeta.
TIBULO, Carmina, (Corp. Tib.) III, 6, 1-8 , 29-30 e 32